A parroquía de Santiago de Sísamo é das máis pequenas en extensión do concello de Carballo, que con 6,8 km2. No padrón municipal de habitantes rexistraba en 1996 un total de 883 vecios. Tendo unha densidade de 130 habitantes por km2 é a segunda máis densa, despois de parroquía de Carballo. Un fértil val bañado polo Allóns que se xunta na Cepeira co río Grande.

Os seus límites son as parroquías de Goiáns, Bértoa e Carballo e pola marxe esquerda do Anllóns as de Oca, Xaviña e unha parte pequena de Verdes.

Atopamos nesta parroquía 18 entiades que son: Barcia, Bardanca, Castro, Ceide, Cepeira, Espiño, Figueiroa, Fonte Caldeira, Lamas, Outeiro, Pedra Furada, Picho, Pordiños, Raíña, Ramil, Torre, Vilar de Suso e Vilares. Noutros temos tamén estaba O Sisto.

Sendo os Vilares a zona de máis poboación, seguido por Figueiroa, Outeiro, Ramil e Raíña.

 

A iglesia parroquial, románica, consta dunha nave e abside rectangular, reformados. Da obra románica conserva o arco triunfal o de ingreso al presbitero, apuntado, de sección rectangular, apoiados só semiculumnas adosadas, de capiteles de volutas.

 

O Local Social, todo un orgullo desta Asociación de Veciños. Aínda que está en fase de construcción.